A morte está presente ao longo do ciclo vital de todas as persoas, sen embargo é un tema do que evitamos falar. Conversar con alguén sobre a morte contribúe a que nos enfrontemos ao medo, en lugar de fuxir del; pero para elo é necesario sentirse comprendido e sen medo ao xuizo sobre as nosas opinións. Este é o obxectivo deste obradoiro: ofrecer claves e estratexias para xerar espazos nos que ofrezamos as persoas a oportunidade de expresar e compartir os seus sentimientos, dúdidas e inquietudes sobre a morte, espazos nos que romper o tabú que supón falar da morte e escoitar diferentes opinións.
O obradoiro está dirixido a profesionais das entidades, familiares e/ou voluntarios, será dinamizado por Lucia González Vicente, arteterapeuta, fundadora e presidenta da Fundación Eomaia, con formación da Fundación Vivir un buen morir: "Vivir un buen morir y el arte de acompañar" e celebrarase no salón de actos da federación o vindeiro 21 de xullo, de 10 a 14:00 horas.
Para participar é necesario enviar a INSCRICIÓN por e-mail a areasocial@fademga ata o 14 de xullo.
Unha vez finalizado o prazo, confirmaremos a praza vía e-mail.
* Actividade no marco do Programa de saúde mental e envellecemento activo (Subvencionado polo IRPF autonómico)