O programa de Cidadanía Activa da Federación
saca a convocatoria para as sesións
de Pensamento Libre 2023.
As sesións serán unha tarde ao mes
e empezarán no mes de maio.
Este ano a actividade é gratis.
As sesións de Pensamento Libre
antes das vacacións de verán son as seguintes:
• Santiago
Días: 22 de maio e 19 de xuño.
Horario: de 4 e media da tarde a 7 da tarde.
Lugar: Salón de Actos de FADEMGA.
• Lugo
Días: 29 de maio e 26 de xuño.
Horario: de 5 da tarde a 7 e media da tarde.
Lugar: Pendente de confirmar.
• Pontevedra
Días: 10 de maio e 14 de xuño.
Horario: de 4 e media da tarde a 7 da tarde.
Lugar: Pendente de confirmar.
Para poder manter estes grupos
é necesario que haxa un número mínimo de participantes.
De non haber ese número mínimo
intentaremos buscar outras opcións.
COMO PARTICIPAR?
Para poder participar nas sesións
é necesario cubrir a ficha de inscrición
que podes descargar nesta ligazón.
A ficha de inscrición hai que enviala
ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O prazo para enviar a inscrición
remata o xoves 20 de abril.
Para calquera dúbida podedes chamarnos
ao teléfono 981 51 96 50
ou enviarnos un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.