O dó e un proceso necesario e unha reacción normal a perda dunha persoa ou de algo importante na vida; algo que todos, máis tarde ou máis cedo, viviremos. Todos reaccionamos ante unha perda ao noso propio ritmo; pero todas as persoas que sofren unha perda importante, comparten diversas emocións e sentimientos, todas elas normais e polas que deben aprender a transitar.
Este é o obxectivo deste obradoiro, acompañar ás persoas a través da arte, a transitar polas diferentes emocións e sentimientos que se poden experimentar ante unha perda importante.
EN QUE CONSISTE ESTE OBRADOIRO?
ACOMpañamento a través da arte, consiste en 4 sesións, que se realizarán de forma presencial na entidade e que está dirixido especialmente a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (un grupo de 10-12 persoas máximo).
A actividade será dinamizada por Lucia González Vicente, arteterapeuta con formación da Fundación Vivir un buen morir: "Vivir un buen morir y el arte de acompañar"; acompañada por Pilar Villaverde, técnico da Federación.
Aquelas entidades interesadas deberán enviar o seu interese de participación a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. tendo de prazo para facelo ata o vindeiro 21 de abril.
DOCUMENTACIÓN
Nestas ligazóns podes descargar a INFORMACIÓN DO OBRADOIRO e a FICHA DE INSCRICIÓN da entidade.