Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Atentas todas! Temos en marcha 3 novas formacións para mulleres:

Dúas para mulleres con discapacidade intelectual,

e unha para profesionais (homes e mulleres) do movemento asociativo. 

A continuación dámosche información sobre cada unha:

 

- Coidados do corpo feminino

O obradoiro impárteo a xinecosexóloga Carol Strate.

Aprenderemos sobre os coidados do noso corpo,

a anatomía feminina, os ciclos vitais

e a sexualidade.

O obradoiro é o 8 de maio no Centro Ágora de A Coruña.

O horario de 10 a 1 do mediodía.

Máximo de 20 prazas para mulleres con discapacidade intelectual.

 

- Ciclos sostibles

É un obradoiro para realizar compresas de tela

con materiais reutilizados.

Aprenderemos sobre a menstruación

e a hixiene feminina sostible e consciente.

É aconsellable que leves tesoiras de costura se tes.

O obradoiro é o 20 de abril, na sede de FADEMGA.

O horario é de 10 a 1 e media do mediodía.

Máximo de 15 prazas, para mulleres con discapacidade intelectual.

 

- Formación para profesionais (homes e mulleres)

A formación impártea a psicosexóloga Melisa Silva.

O obxectivo é aumentar ferramentas sobre a Educación Sexual

de cara a promover a saúde sexual das persoas usuarias.

A formación é o 26 de xuño na Sede de FADEMGA.

O horario de 10 a 2 e media, e de 3 e media a 6 da tarde.

Máximo de 20 prazas para profesionais (por orde de chegada).

 

As formacións son gratuítas

e emitirase un certificado de asistencia.

Para máis información, consulta este PDF.

 

Nesta ligazón podes descargar a ficha de inscrición

para as mulleres con discapacidade intelectual 

e para as e os profesionais. 

Tes que cubrir a ficha de inscrición e enviala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A data limite para enviar as inscricións é o 14 de abril.

 

Se tes dúbidas sobre os obradoiros

manda correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.,">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.,

ou chama ó 981519650.

Pregunta por Rocío ou Cintia.