Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 29 de marzo a Federación acolle unha xornada para dar a coñecer a iniciativa de Pensamento libre, un proxecto alternativo orientado a empoderar ás persoas con discapacidade intelectual, que poderás coñecer polo miúdo neste encontro que terá lugar de 16 a 19 horas na sede de FADEMGA. 

Durante esta actividade, orientada principalmente a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e persoas voluntarias, explicaremos os obxectivos do proxecto para que poidades coñecer en profundidade os seus beneficios. 

  O Programa da Xornada será o seguinte:

• Presentación do Proxecto de Pensamento libre, por parte de profesionais da Asociación Filosofía para nenos de Galicia.

• Participación dos asistentes á xornada nunha sesión de pensamento libre, para coñecer directamente o funcionamento do proxecto.

• Inscrición das persoas interesadas en participar no proxecto.

Todos aqueles que vos animedes a participar, debedes enviar o voso interese de participación a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. tendo de prazo para facelo ata o 24 de marzo. 

Para máis información podedes dirixirvos ao teléfono 981.519.650 ou ao correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

*Descarga aquí o Programa da Xornada