Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Despois do éxito acadado pola primeira edición do Proxecto Raíces, este 2023 voltamos cunha segunda edición aberta a todas aquelas entidades que prestan apoio ás persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento. 

O Proxecto Raíces nacía no ano 2022 co fin de guiar e dinamizar a equipos de organizacións, para que estes tivesen ferramentas que os axudasen a detectar e autoavaliar as posibles situacións complexas que se perciben no día a día das entidades, ao tempo que reflexionamos sobre elo e acadamos consensos sobre a mellor maneira de desenvolver un proxecto global adaptado ao proceso de envellecemento da organización. 

Agora, tras a boa experiencia das entidades participantes na primeira edición, poñemos en marcha esta segunda convocatoria para acompañar a novas organizacións a realizar unha análise profunda da súa situación de cara a impulsar proxectos ou accións concretas. 

O prazo para realizar a vosa inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 23 de marzo. 

Aquelas entidades interesadas, deberedes remitirnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a ficha de inscrición e o compromiso da entidades que podedes descargar nesta ligazón onde tamén atoparedes información detallada do proxecto. 

Esperámosvos!