Xa está en marcha unha nova edición do Curso "Sistemas alternativos de comunicación" destinado a profesionais que dan apoio a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, e centrado en coñecer a importancia do uso dos Sistemas Aumentativos de Comunicación (SSAAC) nas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e saber cales se axustan máis ás necesidades de cada unha.
"A comunicación é un dereito fundamental de toda persoa. Por tanto, o uso dos Sistemas Aumentativos de Comunicación non é unha moda ou unha estratexia máis de intervención, é a chave que pode abrir a moitas persoas con discapacidade, a posibilidade de expresarse, decidir, comprender, elixir, rexeitar e compartir o que é importante para elas. Como profesionais, é un desafío poder estar actualizados, coñecer os diferentes sistemas que existen e desmontar mitos, que seguen sendo unha barreira para a comunicación. Este curso quere achegar coñecementos actualizado, claro e práctico sobre os SSAAC"
Datas do curso: Do 15 febreiro ó 31 de marzo de 2023
Modalidade: 50 horas en modalidade online
Nº prazas: 20.
Prazo de inscrición: Do 30 de xaneiro ó 8 de febreiro de 2023