O vindeiro 19 de decembro, celebraremos en Vigo un novo taller centrado na intelixencia, nos coidados, na comunicación e na xestión emocional, destinado a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.
Tratarase dunha actividade dinámica e grupal, cunha duración de dúas horas e media que se desenvolverá no Edificio Cambón (Rúa da Oliva nº3, Vigo) e na que terán prioridade de participación aquelas persoas que xa pertenzan ao Programa "Collendo impulso" da federación.
Aquelas persoas interesadas en participar, teredes que enviar debidamente cuberta e asinada a ficha de incrición que podedes descargar AQUI a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. tendo de prazo para facelo ata o vindeiro 14 de decembro.
Asemade, neste enlace podes decargar o cartel do Programa.
Esperámosvos!