Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Ter unha visión global do apoio ás persoas con discapacidad intelectual e do desenvolvemento que teñen problemas de saúde mental é esencial para poder darlles os apoios axeitados no seu día a día. Se este apoio o prestamos a través dun enfoque bio-psico-social baseado na persoalización, as posibilidades de éxito serán maiores.

Con este fin poñemos en marcha esta nova formación sobre "Saúde mental e benestar emocional" que se desenvolverá entre o 1 e o 30 de outubro e no que abordaremos aspectos como a detección de trastornos de saúde mental, como desenvolver un proceso de avaliación adecuado ou a relación entre a saúde mental e os problemas de conduta entre outros. 

COMO PARTICIPAR

O prazo para inscribirse nesta formación estará aberto ata o vindeiro 23 de setembro. Todas aquelas persoas interesadas en participar deberedes enviar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Preme nesta ligazón para descargar a ficha de inscrición e o programa da formación.