Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Este ano celebramos o terceiro encontro de mulleres,

un retiro para coñecernos mellor a nós mesmas

e saber coidar o noso interior.

Haberá obradoiros nos que aprenderemos a traballar 

sobre os nosos problemas e preocupacións

e a falar sobre eles para sentirnos ben.

 

Cando é o encontro?

30 de setembro, 1 e 2 de outubro.

 

Onde é o encontro?

Nunha casa rural que se chama “A Casa da Terra”.

Está en Antas da Ulla, en Lugo.

 

Como me podo anotar?

Tes que cubrir a inscrición.

Podes descargar premendo nesta ligazón. 

O prazo está aberto ata o día 22 de setembro.

Tela que cubrir e asinar, e enviala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Quen pode participar?

Mulleres con discapacidade intelectual.

Como máximo 30 persoas.

Teñen prioridade as mulleres que están no grupo de muller.

O punto de saída dirémolo cando teñamos todas as inscricións.

O custo ata o punto de saída terao que asumir a participante.

Este encontro é gratuíto. 

Nesta ligazón podes descargar

o programa do encontro.