Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Boas novas!

Despois do parón forzoso ao que nos vimos obrigados por mor da pandemia, por fin podemos decir que... volve o "Encontro autonómico de persoas autoxestoras"!! E faino ademáis celebrando a súa vixésima edición!

Como é habitual, os temas que protagonizarán o encontro estarán íntimamente ligados á actualidade, polo que falaremos sobre asistencia persoal, sobre a reforma da Lei da capacidade xurídica ou sobre a importancia que foron gañando as redes sociais na nosa vida. 

:: COMO PARTICIPAR

Neste enlace podes descargar xa a ficha de inscrición, que deberás enviar debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., tendo de prazo ata o 29 de xuño. 

E por suposto, se tes calquera dúbida, contacta con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CONTAMOS CONNVOSCO!

 


 

VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Despois do parón que nos vimos obrigados a facer

a causa da crise da COVID-19

por fin podemos volver a celebrar

o Encontro autonómico de persoas autoxestoras.

 

Neste encontro falaremos sobre asistencia persoal

e tamén falaremos sobre a reforma da Lei de capacidade xurídica

e sobre redes sociais. 

 

Se premes nesta ligazón

podes descargar a ficha de inscrición

que debes enviar debidamente cuberta e asinada

a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

antes do 29 de xuño.