Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Asesorar, fortalecer e colaborar con organizacións ou familias ante situacións condutuais de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de difícil manexo, é o principal obxectivo da nosa "Rede de asesoramento en conduta", á cal xa podes solicitar axuda dende hoxe mesmo.

A Rede está formada por unha serie de profesionais que traballan dende un enfoque centrado na persoa e con carácter preventivo, orientado a mellorar a calidade de vida da persoa con dicapacidade, así como a fortalecer as competencias da súa rede de apoio.  

Como podes solicitar o apoio da Rede?

Se na túa entidade ou familia estades ante unha situación de desaxuste emocional ou problemas para regular a conduta, podes solicitar o apoio da “Rede de asesoramento”. Os pasos para solicitar este apoio son: 

SOLICITUDE: Envía a ficha de solicitude e a ficha de autorización que atoparás na nosa web a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ENTREVISTA: A coordinadora da rede contactará coa persoa que realiza a demanda e acordará unha primeira reunión telemática para aclarar o funcionamento da rede e recabar máis información da situación.

ASESORES: Establécense as persoas asesoras que van apoiar a situación.

ACOMPAÑAMENTO: Acórdanse reunións telemáticas periódicas para recabar máis información, comprender a situación e acordar os cambios a realizar na mesma.

Neste vídeo, os asesores explícanche en detalle todo o proceso: