Co obxectivo de adquirir os coñecementos necesarios para a planificación e realización de auditorías da calidade, poñemos en marcha esta unha nova xornada formativa orientada a profesionais das entidades federadas.
O curso terá lugar o mércores 8 de xuño, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 18:30 horas nas instalacións da federación en Santiago (Vía Pasteur, nº53 B. Polígono do Tambre, Santiago) e nel non soamente aprenderemos sobre a importancia das auditorías internas, tamén coñeceremos os criterios para a cualificación das persoas auditoras, as súas responsabilidades, as diferentes metodoloxías para realizar auditorías ou a elaboración do informe final entre outros moitos aspectos.
De estar interesados/as en participar, debedes enviar a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do vindeiro 2 de xuño.
DESCARGA AQUÍ A FICHA DE INSCRICIÓN E FICHA TÉCNICA DO CURSO