O vindeiro 20 de xuño o salón de actos de FADEMGA acollerá o obradoiro sobre "Produtos de apoio para unha vida activa", dirixido especialmente a familias, profesionais e voluntarios que apoian a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Por produtos de apoio referímonos a todas aquelas ferramentas que nos axudan a reducir as barreiras que atopan as persoas con discapacidade na súa vida cotiá. O abano de ferramentas é moi amplo e por iso é de gran importancia coñecer os diferentes produtos do mercado, reflexionar sobre a súa utilidade e realizar procesos de búsqueda de solucións a problemas concretos.
Precisamente con este obxectivo xorde este obradoiro que se desenvolverá o día 20 de xuño en horario de 10:00-14:00 // 15:30-17:30 h.
Se estás interesad@ en participar, no enlace podes descargar a información sobre o obradoiro así como a ficha de inscrición que debes enviar debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., tendo de prazo ata o vindeiro 13 de xuño.