Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Presentámosche o novo obradoiro que temos en marcha: "Enredadas", enmarcado no noso programa de Muller, trátase dunha iniciativa destinada a mulleres con discapacidade intelectual que ten como obxectivo coñecer en profundidade o funcionamento e uso da redes sociais, os principais riscos que podemos atopar facendo uso de internet  ou como promover unha identidade dixital positiva. 

A data límite para anotarvos é o 30 de maio e a continuación podedes consultar as localidades e datas onde se levará a cabo: 

- LUGO: 1 de Xuño Casa María Mariño Monte Faro, 2 (Parque da Milagrosa).

- SANTIAGO: 9 de Xuño FADEMGA Vía Pasteur, 53, Polígono do Tambre. 

- OURENSE: 16 de Xuño. Biblioteca Publica de Ourense Rúa da Canle, 6, 32004 Ourense

- VIGO: 23 de Xuño. Centro Socio comunitario de Teis. Av. Buenos Aires, 14, 36207 Vigo, Pontevedra

Preme neste enlace para descargar a ficha informativa do obradoiro e a ficha de inscrición, que deberedes enviar debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

* Máximo 15 participantes por obradoiro.