O próximo domingo día 15 de maio é o Día Internacional da Familia. Con motivo desta celebración, dende o movemento asociativo de Plena inclusión queremos animar a todas as familias a participar nunha acción de visibilización nas redes sociais.
Para elo, dende este mércores e ata o propio día 15, animamos a que cada familiar comparta mensaxes nas súas redes con logros ou desexos que conseguisen ou que queiran para as súas familias. Estas mensaxes deben incluir a etiqueta #CadaFamiliaImporta e ir acompañadas cunha imaxe do familiar ou da familia, ou ben cun dos deseños que propoñemos dende Plena inclusión, que podes descargar neste enlace.