Co obxectivo de avanzar no eido da formación para o emprego, a patronal AEDIGAL e FADEMGA Plena inclusión Galicia están a participar na configuración da “Axenda Galega de Capacidades”, como representantes do colectivo de persoas con discapacidade intelectual así como axentes da economía social na nosa comunidade.
Mediante estes encontros técnicos, as persoas membro das mesas estiveron a analizar o actual “Catálogo de Especialidades Formativas do Servizo Público de Emprego Estatal” (SEPE), coa finalidade de avaliar os contidos que se poidan adaptar ás necesidades específicas de cada colectivo así como detectar as carencias formativas que podan existir na actualidade. Este traballo constitúe un paso previo para que cada sector comece a elaborar as súas conclusións e posteriormente, deseñar esta Axenda que a Xunta de Galicia prevé poda estar completada antes do verán.
:: Unha fiestra aberta á un mercado laboral máis inclusivo e preparado
O obxectivo da “Axenda Galega de Capacidades” é cimentar un mercado laboral forte e competitivo, no que todas as galegas e os galegos teñan cabida. Para elo é preciso que Administración, tecido empresarial e asociativo e o ámbito formativo traballen xuntos en iniciativas como esta; unha medida pioneira que tal e como sinala a Xunta “situará a Galicia á vangarda de España á hora de adaptar as directrices europeas de capacitación á nosa realidade económica e social da comunidade”.