Durante moito tempo a sexualidade da persoa con discapacidade intelectual foi un tema tabú, do que non se falaba e mesmo parecera que non existise, unha problemática maior se cabe no caso das mulleres.
Co obxectivo de derrubar estes tabúes así como os diferentes estereotipos históricamente vinculados ás mulleres con discapacidade intelectual, poñemos en marcha estas xornadas que baixo o nome "Mulleres exploradoras" chegarán ás diferentes cidades galegas co fin de formar e informar ás mulleres sobre a súa sexualidade.
Os días e localidades nos que celebraremos as sesións son:
- Día 16 de maio en Lugo. Casa María Mariño. Monte Faro, 2 (Parque da Milagrosa)
- Día 23 de maio en Santiago. Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES). Rúa Manuel María, 6 (Salgueiriños)
- Día 27 de maio en Ourense. Biblioteca publica Ourense Rúa da Canle, 6, 32004 Ourense
- Día 30 de maio en Vigo. Av. Buenos Aires, 14, 36207 Vigo, Pontevedra
Neste enlace podedes descargar a información sobre a xornada e a ficha de inscrición, que debedes achegar cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O prazo para anotarvos estará aberto ata o 13 de maio. Todos os obradoiros desenvolveranse en horario de 11 a 13h, excepto a do día 27 de maio en Ourense que será de 12 a 14h.
* ...e lembrade que é importante reflexar aquela localidade na que queredes participar!
Esperámosvos!