Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Buscamos técnica/o de integración social para desenvolver os programas de "Collendo impulso" e "Reclusos". A continuación podes ver os requisitos e características do posto: 

 Requisitos:

• Técnico de integración social.

• Experiencia na atención a persoas con discapacidade intelectual.

• Carné de conducir, vehículo propio, dispoñibilidade xeográfica.

Características do posto:

• Categoría Técnico Superior de Nivel 1 e salario segundo Convenio

• Xornada partida. Horario de luns a xoves de 9:00-14:00 e de 16:00-19:00. Venres de 9:00-14:00 e de 16:00-18:00 (inverno). De 08:00-15:00 (verán)

• Duración do contrato: indefinido, incorporación inmediata.

• Funcións: responsable de xestionar e executar os programas “Collendo impulso” e “Reclusos”.

      o No programa “Collendo impulso”

          Acompañamento, apoio e asesoramento a persoas con discapacidade intelectual en risco de exclusión social.

          Coordinación con outros profesionais e institucións.

          Charlas de sensibilización.

          Organización de actividades.

          Solicitude de subvencións e presentación de memorias.

      o No programa de “Reclusos”

          Intervención directa en centros penitenciarios (A Lama, Teixeiro e Pereiro de Aguiar).

          Acompañamento e apoios en procesos xudiciais.

          Saídas terapéuticas.

          Impartir formación sobre prevención de conductas delictivas.

          Impartir formación a axentes xudiciais.

          Coordinación con outros profesionais e institucións.

          Promoción de medidas alternativas.

          Seguimentos en liberdade.

          Solicitude de subvencións e presentación de memorias.

A data tope para o envío da candidatura é o 6 de maio ás 14:00 horas.

Podes achegar o teu curriculum a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.