O 3 de maio foi declarado polo Goberno a suxerencia do CERMI o Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, en que este tratado internacional de dereitos humanos entrou en vigor en todos os Estados parte, incluída España.
O propósito deste Día Nacional é xerar coñecemento e provocar unha toma de conciencia, en todas as instancias, operadores, axentes e grupos de interese, da discapacidade como unha parte, digna e valiosa, da diversidade humana, que só pode entenderse e abordarse como unha cuestión de dereitos humanos.
A inclusión, o benestar e os dereitos das persoas con discapacidade deben necesariamente comezar desde o principio, é dicir, desde a infancia, pois as nenas e os nenos con discapacidade e a súa contorna familiar, están máis expostas á quebra dos seus dereitos e a sufrir a carencia de apoios e recursos que comprometan o seu proceso de inclusión, nesta primeira etapa decisiva das súas vidas, condicionando gravemente as posteriores.