Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En moitos momentos da nosa vida pasamos por procesos de dó e non sempre é fácil comunicar o que se sente tras un perda. O mesmo lles ocorre ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. 

Co fin de ter ferramentas para afrontar estas situacións e para saber como apoiar a persoas que están a pasar por este proceso, poñemos en marcha o obradoiro "Lémbroche en cores", onde abordaremos cuestións referidas ao dó, pero a través dunha mirada artística, pois a arteterapia proporciona unha vía de expresión das emocións a través das cores ou das texturas, que nos axudan a organizar os recordos e ofrecen significado ao vivido. 

Este obradoiro está dirixido a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (un grupo de 10-15 persoas máximo) e terá unha duración estimada de dúas horas, nas que nos trasladaremos a entidade interesada para realizar traballos artísticos e conversas sobre eles nos que verbalizaremos e compartiremos experiencias e vivenzas que lle darán á persoa protagonismo e recoñecemento.

Podedes consultar todo o programa das mesmas no dossier do obradoiro.

:: Como podes participar?

Se estás interesado en organizar este obradoiro na túa entidade, cubre esta solicitude de participación e envíanola a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 8 de abril.