Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A morte está presente ao longo do ciclo vital de todas as persoas e aínda así, é un tema do que evitamos falar.

A pandemia da COVID-19 afectounos a todos, pero tamén nos deu conciencia de que a vida cambia nun instante, de que pode rematar en calquera momento. Conversar con alguén sobre elo, contribúe a que afrontemos ese medo en lugar de fuxir del.

Poderíase dicir que falar da morte é saudable, e por elo queremos animarvos a inscribir á vosa entidade neste encontro. Achegarémonos ata a asociación e, a través dun grupo organizado de discusión, sen un guion pechado nin obxectivos concretos, falaremos libremente contribuíndo así a normalizar temas complexos que nos afectan a todos. 

:: Quen pode participar?

Se estás interesado en organizar este obradoiro na túa entidade, cubre esta solicitude de participación e envíanola a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 8 de abril.

O encontro, terá unha duración estimada de 2 horas e estará dirixido a profesionais e familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (un grupo mínimo de 4-5 persoas) e será dinamizado por Lucía González Vicente, directora de ocio e tempo libre, arteterapeuta e fundadora e presidenta da Fundacion Eomaia, con formación da Fundación Vivir un buen morir: "Vivir un buen morir y el arte de acompañar". 

No seguinte enlace podes consultar o dossier do encontro. 

Anímate! Que mellor forma para falar da morte que tomando un café?