Envellecer é un proceso individual, pero envellecer ben é un tema social. Hoxe en día atopámonos ante unha nova e urxente realidade: a prolongada etapa adulta das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e o seu proceso de envellecemento.
Esto conleva que as organización debamos ocuparnos e preocuparnos por coñecer cales son as necesidades das persoas con discapacidade intelectual que se atopan neste proceso, así como dos profesionais e das familias que os acompañan durante o mesmo.
Para elo é necesario reflexionar e afrontar novos retos para así poder xestionar correctamente os apoios que podemos ofrecer, ao tempo que abordamos igualmente os propios modelos de atención e servizos que prestamos na actualidade.
Con este obxectivo poñemos en marcha o "Proxecto Raíces", cuxa finalidade é guiar e dinamizar a equipos de organizacións para que poidan detectar e autoavaliar as posibles situacións complexas que podan percibir no día a día, así como reflexionar xuntos sobre elo e acadar consensos sobre a mellor maneira de desenvolver un proxecto global adaptado ao proceso de envellecemento.
O proxecto constará de 4 sesións en liña, (26 de abril, 24 de maio, 28 de xuño e 19 de xullo) que rematarán cunha xornada presencial o 30 de setembro.
Podedes consultar todo o programa das mesmas no dossier do proxecto.
:: Como podes inscribirte?
Se estás interesado/a en participar podes enviarnos a túa inscrición así como o compromiso da entidade a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 8 de abril.
Todas as persoas inscritas recibiredes por correo electrónico o enlace Zoom para conectarvos ás sesións en liña.