Dende o Movemento Asociativo de Plena inclusión, continuamos a traballar na elaboración do 6º Plan estratéxico.
:: A FASE 1 (2020-2021)
Durante o ano 2020 e parte do ano 2021 todos e todas tivemos a posibilidade de participar na FASE 1. O obxectivo desta primeira fase foi a de identificar retos (Que está pasando? Que deberíamos facer?) das seguintes temáticas:
1. Identidade
2. Participación e decisión
3. Modelo social e o seu sistema de apoios
4. O noso papel no mundo
5. Alcance e articulación
6. Os nosos sesgos
A identificación destes retos fíxose a través de:
- Conversas inspiradoras (organizadas por confederación)
- Enquisas individuais (explotadas por confederación)
- Círculos de conversas organizados por FADEMGA Plena inclusión Galicia
- Círculos de conversa organizados por cada unha das vosas entidades.
A participación nesta fase 1 foi a seguinte:
- 13 círculos organizados en Galicia fronte os 130 círculos totais organizados a nivel nacional
- 137 persoas participantes en Galicia, (das cales 49 son profesionais, 34 son persoas con discapacidade intelectual, 30 son familiares, 23 son persoas voluntarias e 1 persoa da contorna) fronte as 1.750 persoas participantes a nivel nacional.
- 18 entidades galegas participaron na fase 1
:: A FASE 2: MARZO 2022- 30 ABRIL 2022
Agora damos inicio á FASE 2 da elaboración do Plan.
Tedes ata o 30 de Abril para poder participar nesta FASE 2.
O obxectivo desta segunda fase é enriquecer a ponencia (Por que é importante cada reto da ponencia? Que outras ideas se nos ocorren para cada reto da ponencia??) O documento expón diferenciando vectores, retos e palancas de cambio do seguinte xeito:
De que xeito podedes participar?
1. Ler a ponencia en versión extensa ou en versión fácil
2. Organizar círculos de conversa ou facendo reflexións individuais sobre a importancia dos conceptos do documento e ideas a aportar .
3. Cubrir a ficha aportacións na versión que vos corresponda (aquí en versión extensa ou en lectura fácil) e enviala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Lembrade!
O plan estratéxico do movemento asociativo é o mapa que nos guiará nos vindeiros anos e é moi importante a nosa participación no mesmo. Así que contamos convosco!
Ánimo!!