Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O traballo con familias experimentou nos últimos anos grandes cambios: modelos centrados na persoa ou centrados na familia, envellecemento das familias e das persoas usuarias, a crise do coronavirus...

Estas novas realidades requiren tamén de novas formas de facer e de pensar a relación coas familias e, sobre todo, dos recursos para acompañar os procesos emocionais que xeran estos cambios. 

Por todo elo, a través deste obradoiro en liña, dirixido tanto a profesionais como a familias, queremos promover unha reflexión sobre a necesidade de integrar no rol profesional unha nova maneira de acompañar.

:: DATA E INSCRICIÓN

O obradoiro celebrarase o vindeiro 1 de abril de 11:30 a 13:30 horas. 

Se estades interesados/as en participar, soamente tedes que enviarnos a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de marzo, e neste enlace podedes descargar a documentación para realizar a vosa inscrición. 

Unha vez inscritos recibiredes un correo electrónico co enlace a Zoom para poder conectarvos. 


 

INFORMACIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Fademga organiza un novo obradoiro

para axudar aos profesionais

a coñecer novas maneiras de acompañar a familias

e a persoas con discapacidade intelectual. 

 

Este obradoiro é necesario

porque nos últimos anos cambiou moito

a maneira en que nos relacionamos

con outras persoas. 

 

A crise do coronavirus é un exemplo

desta nova forma de relacionarnos

e de acompañar ás persoas. 

 

O obradoiro vai ser a través de Zoom. 

Podes descargar a ficha para inscribirte

neste enlace. 

Tes que enviar esta ficha cuberta

ao seguinte correo electrónico: 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Tes que enviar a inscrición antes do 28 de marzo. 

Despois recibirás un correo electrónico

co enlace para conectarte. 

O obradoiro celébrase o 1 de abril

 


 

Esta iniciativa forma parte do Programa de saúde mental e envellecemento activo, posible grazas a todas aquelas persoas que na súa declaración da renda marcan a X Solidaria.