Como é habitual nestas datas, abrimos unha nova convocatoria da bolsa de persoas auditoras.
Qué é?
A bolsa de persoas auditoras e unha rede de contactos de auditores internos de calidade das entidades federadas.
As persoas auditoras que se inscriben, póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar ser auditados por alguén da bolsa.
O obxectivo é xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas, aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación, ao tempo que ensinamos o que facemos na entidade e aportarmos posibles solucións.
Asimesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría.
Onde podo obter máis información?
Podedes atopar tódala información sobre esta convocatoria nos seguintes enlaces:
Convocatoria da Bolsa de auditores/as internos FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Ficha de inscrición na Bolsa de auditores/as internos/as
Compromiso da Bolsa auditores/as internos
Ata que día podo apuntarme?
O prazo está aberto ata o 11 de marzo de 2022