Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende a Confederación Plena inclusión lanzamos unha campaña de apoio ás vítimas da guerra que está asolando Ucraína, poñendo o foco en axudar ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, ás súas familias e ás entidades que as acollen.

Esta iniciativa ponse en marcha en coordinación con Inclusion Europe, a organización europea que está liderando o apoio a través da rede de organizacións do continente. Para elo, creamos unha web de axuda de emerxencia dirixida a apoiar ás personas con discapacidade intelectual de Ucraína que quedaron atrapadas pola guerra: https://www.plenainclusion.org/participa/accion/ayuda-ucrania/

DOA CON SEGURIDADE

Plena inclusión España é unha entidade declarada de Utilidade Pública dende el 20 de febreiro de 1970.

Cumpre os requisitos establecidos no Titulo II da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo, contamos con selo de transparencia de Fundación Lealtad.

VANTAXES

A doazón económica dáche dereito á desgravación fiscal, 30% no caso das persoas físicas e 35% no caso das persoas xurídicas.

QUE PODES FACER?

Fai a túa achega mediante transferencia bancaria ou por Bizum

Para realizar a túa doazón necesitamos os teus datos básicos e así poderemos confirmarche a doazón.

CERTIFICADO DE DOAZÓN

Se queres que che fagamos un certificado de doazón, preme sobre o botón DOA e marca esta opción no formulario.

ENTRA NESTE FORMULARIO E FAI A TÚA ACHEGA