Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Coñecer a importancia de usar Sistemas Alternativos de Comunicación (SSAAC) con persoas con discapacidade intelectual, e saber cales son os máis apropiados en cada caso é o obxectivo deste novo curso financiado a través do Programa 0,7% IRPF Estatal e dirixido a profesionais que den apoio ao colectivo. 

A comunicación é un dereito fundamental de toda persoa, polo que o uso dos Sistemas Alternativos de Comunicación non é unha moda ou unha estratexia de intervención máis: é a chave que pode abrir a moitas persoas a posibilidade de expresarse, decidir, comprender, elexir, rexeitar e compartir todo o que é importante para elas. Por este motivo, o curso pode axudar aos profesionais a coñecer estos sistemas, ou ben actualizar, mediante casos prácticos e claros, o coñecemento que xa teñen deles. 

:: Data de celebración e inscricións

O curso terá lugar entre o 1 de marzo e o 12 de abril, cunha duración de 50 horas en modalidade online, a través de plataforma de formación.

Neste enlace tedes dispoñible para descarga o Programa, así como a ficha de inscrición, que debedes enviar debidamente cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dentro do prazo indicado.

 

* Consulta aquí o listado de persoas admitidas

  

INFORMACIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Fademga Plena inclusión Galicia

organiza un novo curso de formación

sobre os Sistemas Alternativos de Comunicación. 

 

Os Sistemas Alternativos de Comunicación 

serven para axudar ás persoas

a comunicarse mellor. 

 

Os Sistemas Alternativos de Comunicación

poden ser xestos, símbolos ou imaxes. 

 

Fademga organiza este curso para que os profesionais

coñezan os Sistemas Alternativos de Comunicación que existen

e cales son os mellores

para comunicarse con cada persoa. 

 

O prazo para inscribirse

está aberto ata o 22 de febreiro. 

 

A inscrición pode descargarse neste enlace:

INSCRICIÓN CURSOS SAAC

As persoas que queiran participar no curso

deben cubrir a inscrición 

e enviala á seguinte dirección electrónica:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


 

* Esta acción formativa é de balde ó ser financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.