Despois da primeira (e ben exitosa) edición de 2021, retomamos os encontros de mulleres con discapacidade intelectual; uns espazos en liña para que mulleres de toda Galicia podan poñer en común as súas inquedanzas e preocupacións, creando así novos vínculos e alianzas que nos axuden a todas a avanzar nos nosos dereitos!
Se estades interesadas en participar, soamente tedes que cubrir a ficha de incrición que podedes descargar neste enlace, e enviala por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Outro xeito de realizar a vosa inscrición, é directamente a través deste link: INSCRICIÓN WEB
A data límite para que nos fagades chegar a inscrición é o 15 de febreiro.
Cando serán os encontros?
Os encontros serán en liña e hai dous horarios diferentes para participar en función da vosa dispoñibilidade: os martes de 11 a 12:30 e os xoves de 18 a 19:30.
Unha vez recibamos a vosa inscrición, poñerémonos en contacto con todas vos para determinar cal será o primer día de reunión.
VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL |
No 2022 volvemos a organizar
os encontros de mulleres
para que mulleres con discapacidade intelectual de toda Galicia
podan falar dos temas que lles preocupan.
Estes encontros son online
e o prazo para que cubrades a vosa inscrición
está aberto ata o 15 de febreiro.
Podes descargar a ficha de inscrición neste enlace:
Cando a teñas cuberta tes que enviala
por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.