Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Temos novas publicacións sobre muller na web, e todas elas en lectura fácil!

Atentas ás novidades que aí van:

 A primeira que che recomendamos hoxe é "Sexualízate. Claves para coñecer e coidar a túa sexualidade" Escrita por Gemma Deulofeu, esta guía é para todas as mulleres que queren coñecerse, quererse tal e como son e amar a súa diversidade! 

Outra das novas publicacións é a "Guía sobre menstruación e menopausia" que nos pode axudar a coñecer mellor o ciclo menstrual, as posibles alteracións así como a menopausia e os seus síntomas. 

"A consulta de xinecoloxía" é a terceira das guías en lectura fácil que che recomendamos hoxe e que nos axudará a coñecer a importancia de ir ao xinecólogo, non soamente cando temos problemas de saúde, senón como prevención aos mesmos.

E por suposto, se queres acceder a máis publicacións en lectura fácil, entra neste link e consulta todo o catálogo!

 


 

VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Na web de Fademga temos novas publicacións 

sobre muller e sexualidade

que xa podes descargar. 

 

Hai 3 publicacións novas. 

 

A primeira publicación chámase

Sexualízate. Claves para coñecer a túa sexualidade

e podes descargala aquí: Guía sexualízate

Esta guía fala sobre a importancia 

de que nos coñezamos a nos mesmas

e nos aceptemos tal e como somos. 

 

A segunda publicación chámase

Guía sobre a menstruación e a menopausia

e pode axudarnos a coñecer mellor o noso corpo

cando temos a regla 

ou cando chega a etapa da menopausia. 

Podes descargala aquí: Guía sobre a mentruación e menopausia

 

A teceira guía chámase

A consulta de xinecoloxía

e fala sobre a importancia de ir ao xinecólogo

a facer revisións cada pouco tempo

aínda que non teñamos unha enfermidade. 

Podes descargala aquí: A consulta de xinecoloxía  

 

En Fademga temos máis publicacións en lectura fácil. 

Están divididas por temas

e podes velas todas aquí: Publicacións en lectura fácil