Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como a adopción de medidas de apoio á capacidade xurídica (a denominada anteriormente como tutela), a elaboración do testamento, ou o patrimonio protexido. Un recurso se cabe máis necesario durante o 2022, despois da entrada en vigor da reforma civil e procesal en materia de discapacidade.
Como ven sendo habitual, a través deste servizo ofrecemos durante o ano dúas modalidades de consulta:
a) As charlas xurídicas: a través destas charlas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias. Ofrecemos dúas posibilidades para a súa organización: por un lado pódese solicitar unha charla presencial, que tería lugar no espazo que facilite a asociación, e por outro lado está a posibilidade da charla online, a través da plataforma zoom.
b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias. A nosa avogada poderá atender as consultas presencialmente ou a través de videochamada de WhatsApp.
Preme neste enlace e descarga a información ao completo deste Servizo así como os documentos de solicitude das charlas e consultas individuais.
VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL |
Fademga ofrece ás persoas con discapacidade intelectual
e ás súas familias
a posibilidade de pedir apoio en temas legáis
que poden resultar dificiles de comprender.
Este apoio axuda a resolver dúbidas de tipo legal
como por exemplo as herdanzas, as tutelas
ou todo o relacionado con novas leis de discapacidade.
Este apoio pode solicitarse de dúas formas diferentes.
Podes pedir apoio mediante unha charla xurídica
ou mediante unha consulta individual.
A charla xurídica pode ser presencial na túa entidade
ou a través da plataforma Zoom.
Estas charlas fanse en grupo con familias
e con persoas con discapacidade intelectual.
Tamén podes solicitar unha consulta individual.
A consulta individual sirve para que podas plantexar
dúbidas máis persoais.
Neste enlace podes consultar toda a información completa
sobre o Servizo Xurídico
e tamén podes descargar a documentación
para solicitar as charlas ou a consulta individual.
Se tes algunha dúbida,
podes escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.