Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Ofrecer bos apoios e xerar oportunidades de calidade para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, require planificar unha serie de estratexias, basadas en valores e no empoderamento de cada persoa, co fin de axudala a construir o seu propio proxecto de vida. 

O "enfoque centrado na persoa" ofrécenos un marco útil para prestar estos apoios; unha ferramenta para apoiar a cada persoa a definir e vivir a vida que desexa, unha vida de calidade, baseada nas propias preferencias e desexos. 

Co obxectivo de coñecer  mellor esta ferramenta de apoio, poñemos en marcha este novo curso que se desenvolverá en modalidade online entre o 1 e o 28 de febreiro. 

Aquelas persoas interesadas en participar, deberedes remitirnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a ficha de inscrición dispoñible neste enlace no que tamén podedes consultar o programa desta formación. 

** Consulta aquí a relación de persoas admitidas

 

 


 

Esta acción formativa é de balde ó ser financiada polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030.