A Xunta Directiva da Patronal Galega da Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento, AEDIGAL, visitou este luns o Consello Económico e Social de Galicia (CES) para manter un encontro co seu presidente, Agustín Hernández.
Na xuntanza, os responsables de AEDIGAL déronlle a coñecer ao presidente e ao secretario xeral do organismo as liñas de traballo actuais e os obxectivos que persegue a asociación mediante a súa recente constitución como patronal autonómica galega da discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
A reunión da continuidade á serie de encontros que a patronal está a manter coas Administraciñons e tecido social galego, e que comezaba o pasado 29 de setembro coa reunión mantida coa Conselleira de Emprego e Igualdade María Xesús Lorenzana e o seu equipo de traballo.