Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

No marco do noso programa "Collendo impulso" estamos a organizar unha nova xornada centrada na discapacidade intelectual e os servizos de emerxencia social; unha ollada á dobre exclusión que sufre o colectivo así como aos recursos e servizos que podemos atopar na comunidade para paliar situacións de abuso ou maltrato, e así evitar o importante risco de exclusión que padecen moitas persoas con discapacidade intelectual. 

A xornada celebrarase o día 12 de novembro dende as 9:30 horas na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 5 de novembro. 

Preme neste enlace e descarga o programa e información da xornada. 

 

 


  

Esta xornada é posible grazas a todas aquelas persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda