Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 10 de novembro acolleremos unha novidosa xornada centrada na innovación e na creatividade aplicada con Design Thinking. O "design thinking" é un método para xerar novas ideas que centra a súa eficacia en entender e dar solución ás necesidades reais dos usuarios. 

Aplicando esta metodoloxía, coñeceremos e poderemos familiarizarnos con ferramentas de innovación que nos axuden a promover procesos de transformación para apoiar boas vidas.

A xornada diríxese a profesionais, voluntarios e familiares das entidades federadas, e terá lugar no salón de actos de FADEMGA en horario de 10 a 17:00 horas o 10 de novembro. 

Para participar será necesario enviar a inscrición debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tedes de prazxo ata o vindeiro día 3 de novembro.

Preme neste enlace e descarga o Programa e a ficha de inscrición da xornada. 

 


 

*Actividade no marco do "Programa de investigación aplicada para a implementación de servizos centrados nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias", financiada gracias ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.