Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende o programa de accesibilidade cognitiva de FADEMGA

organizamos un curso en liña

sobre a creación de grupos de validación

de textos en lectura fácil.

 

Queremos que cada vez máis persoas

teñan formación sobre lectura fácil.

Por este motivo este ano organizamos esta formación.

 

A formación ten 6 sesións.

Os días das sesións son:

    • Luns 18 e mércores 20 de outubro.

    • Mércores 27 e venres 29 de outubro.

    • Mércores 3 e venres 5 de novembro. 

 

O horario das sesións é de 10 e media da mañá

a 1 e media do mediodía.

Cada sesión terá un descanso de entre 15 e 30 minutos.

 

Para poder participar neste curso

é necesario que cada asociación

forme un grupo de 5 persoas.

 

4 persoas teñen que ser persoas con discapacidade intelectual

e 1 persoa ten que ser un ou unha profesional.

Nesta ocasión só poderán participar 4 asociacións.

 

Se queredes participar no curso

cada persoa do grupo ten que enviar

a ficha de inscrición cuberta a este correo:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O último día para enviar a ficha de inscrición

é o xoves 7 de outubro.

 

Descarga aquí a Ficha de inscrición 

e a Ficha técnica do curso