Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Como cada ano por estas datas chega unha cita ineludible no calendario de FADEMGA plena inclusión Galicia: o encontro da irmandade galaica!

Este ano a data elexida para a xuntanza son os días 16 e 17 de outubro na Casa Antiga do Monte, en Padrón. Alí nos reuniremos para traballar achegas de cara ao Encontro Estatal de Irmáns e Cuñados do movemento asociativo de Plena inclusión: unha proposta sobre como queremos que sexa ese futuro encontro e os temas que máis nos pode interesar abordar. 

Na ficha informativa do encontro podes coñecer os prazos de preinscrición, cotas e prazos para participar. 

Preme neste enlace e descarga toda a información!

 


 

* Programa financiado grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.