Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, abrimos a "Convocatoria de formación prelaboral 2021" que ademáis dos cursos básicos de formación, inclúe talleres específicos para a elaboración do curriculum vitae, aprender a abordar entrevistas de traballo, resolución de conflitos, brigadas de busca de emprego, manexo do euro ou habilidades comunicativas entre outros. 

Esta convocatoria diríxese a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que se atopen ou queiran iniciar un proceso de busca activa de emprego.

O número mínimo de alumn@s para os cursos é de 8 persoas, establecéndose un máximo de 10 e para os talleres específicos establécese un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10.

 

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

- Ter unha discapacidade intelectual certificada

- Ser maior de 16 anos.

- Estar inscrito no Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

* * a inscrición neste servizo pode ser posterior á solicitude da acción formativa, e os técnicos de orientación desprazaranse ata entidade.

 

SOLICITUDE

O prazo para realizar a solicitude remata o 20 de setembro de 2021 e o período de execución das accións formativas terá lugar entre o 27 de setembro e o 23 de decembro de 2021.

A solicitude terá que ser realizada 7 días antes das datas desexadas para a impartición e a adxudicación dos cursos realizarase por riguroso orde de solicitude. 

 

NOS SEGUINTES ENLACES PODES DESCARGAR: 

    - O Programa Formativo

    - A ficha de solicitude