Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Os profesionais que prestan atención a familias son os destinatarios da nova oferta formativa da Federación, que nesta ocasión ten como fin dar a coñecer con maior profundidade o Servizo de Apoio a Familias de Plena inclusión. 

O curso celebrarase en liña, a cargo da docente Mª del Valle Claro Castro, Diplomada en Traballo Social pola Universidade Pontificia de Comillas e cun Máster en "Apoios a personas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias" pola Universidade Autónoma de Madrid. 

Durante a formación -que terá unha duración total de 24 horas- abordaranse aspectos como os tipos de apoio que presta este Servizo, así como a metodoloxía de traballo e mesmo orientacións para a avaliación.

O 21 de setembro é a data límite para que enviedes a vosa inscrición a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Neste enlace podedes descargar tanto a ficha de inscrición como a ficha técnica do curso

**CONSULTA AQUÍ O LISTADO DE PERSOAS ADMITIDAS

Formación gratuita grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través do Programa IRPF - Formación e Xestión do Coñecemento para a Inclusión Social.