FADEMGA organiza unha formación online
sobre a figura do Asistente Persoal.
Un Asistente Persoal é un profesional
que te pode axudar a ter unha vida máis independente.
Os Asistentes Persoais son profesionais
pouco coñecidos entre as persoas con discapacidade intelectual
e as súas familias.
Por este motivo FADEMGA organiza esta formación.
A formación ten 4 sesións.
Os días das sesións son:
• Martes 28 de setembro.
• Xoves 30 de setembro.
• Martes 5 de outubro.
• Xoves 7 de outubro.
O horario das sesións é de 5 a 7 da tarde.
As sesións son a través de Zoom.
Se queres participar na formación
tes que cubrir a ficha de inscrición
que podes descargar neste enlace:
Despois envía a ficha de inscrición
a este correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O último día para enviar a ficha de inscrición
é o xoves 23 de setembro.
Neste enlace podes descargar
un resumo desta formación:
Se tes algunha dúbida ou problema
podes chamar ao teléfono 981 51 96 50
e preguntar por Moisés ou Irene.