Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Entre o 15 de setembro e o 15 de outubro terá lugar unha nova formación en liña, destinada a persoas responsables de voluntariado así como a persoas voluntarias de entidades sociais. 

A formación abordará a análise de casos prácticos sobre voluntariado dixital, así como ofertas e plataformas que poden axudarnos neste cometido. 

O curso realizarase dende a plataforma en liña e-Recursos e o alumnado terá total liberdade horaria para a realización do mesmo, tendo en conta a temporalización marcada para cada tema. 

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 6 de setembro, para o cal deberedes enviarnos ao correo de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a ficha de inscrición cuberta así como o certificado/carné/convenio que acredite ser voluntaria/o dunha entidade social. 

Neste enlace podedes descargar a ficha técnica do curso así como a ficha de inscrición. 

Esperámoste!