Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado 21 de xullo a patronal galega da discapacidade intelectual, AEDIGAL, celebrou unha nova Xunta Directiva onde se aprobou a distribución definitiva de cargos directivos así como a incorporación dos 3 cargos de libre designación pola Federación.

O órgano directivo queda composto por:

-Presidente: Eladio Fernández Pérez.

-Vicepresidente: Antonio Javier García Sánchez.

-Tesoureiro: Juan Jesús Fontela Pérez.

-Secretario: José Manuel Roberto Carballo Cabezas.

-Vogais:

Carmen Esther Taboada García.

Mª Carmen González Lagarón.

Manuel Vilariño Quintáns.

Ramiro Fernández Rey.

Mª Elena Santos Cociña.

Tamén quedaron conformadas as 3 Comisións Sectoriais presididas polas seguintes persoas:

-Comisión Sectorial de Servizos Sociais, presidida por Antonio Javier García Sánchez.

-Comisión Sectorial de Emprego, presidida por Juan Jesús Fontela Pérez.

-Comisión Sectorial de Educación, presidida por Mª Carmen González Lagarón.

Nas vindeiras semanas a patronal comezará unha rolda de presentación coas Consellerías de Emprego e Igualdade; Política Social; Educación, Cultura e Universidade, así como coa propia Presidencia da Xunta de Galicia a obxecto de presentar as necesidades e intereses económicos sociais e laboráis de ditas empresas, nos termos máis amplos posibles.

Aedigal (Patronal galega da discapacidade intelectual) está promovida por FADEMGA Plena inclusión e representa na actualidade 1103 traballadores de 29 empresas.