Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Tanto se non puideches estar na nosa xornada sobre Asistencia Persoal como se queres recuperala para coller apuntes, xa podes acceder a través da nosa canle de youtube!

Durante este encontro estivemos a coñecer en maior profundidade as implicacións da Asistencia Persoal e como esta pode axudar ás persoas con discapacidade intelectual a ser máis independentes no seu día a día. Tamén fixemos unha achega ao traballo que se está a desenvolver dende o Movemento Asociativo e a experiencias reais, que sen dúbida son a mellor mostra de como pode beneficiar esta figura ás persoas que precisan de apoios para o seu día a día.

Dentro vídeo!