Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Como caracteriza a cada mes de xuño, FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se deron cita os directivos das entidades membro co fin de valorar o complicado ano 2020 que viviu o sector por mor da pandemia e poñer a mirada nas actividades e proxectos que están por vir.

A Asemblea tamén acolleu as eleccións para renovar os cargos e membros de Xunta Directiva. Unhas eleccións previstas para 2020 que tiveron que verse retrasadas por mor da crise sanitaria, e que deixan a nova Xunta Directiva constituída por:

- Eladio Fernández (AGASFRA) como presidente.

- Carmen Taboada (ASPAS) como vicepresidenta.

- Miguel López (ASPNAIS) como secretario. 

- Marcelo de la Cruz (Special Olympics Galicia) como vicesecretario.

- Rocío Estévez (ASPADISI) como tesoureira.

- J. Manuel Carballo (ASPANAEX) como vogal.

- Javier Rodríguez (ASPANAS) como vogal.

- Mª Carmen González (PRODEME) como vogal.

Renovado o seu cargo como presidente, Eladio Fernández, quixo ter unas palabras de agradecemento para os compañeiros saíntes Juan Luis Cortiñas, Josefa Rodríguez, Amelia Blanco e Álvaro García “debemos destacar a importante labor dos membros que deixan hoxe o seu cargo, pois amosaron o seu verdadeiro compromiso coa Federación tanto no bos momentos, como o máis importante, nos máis complicados. Grazas”

Entre outros asuntos, a Asemblea procedeu a ratificar o cambio de tipo de socio da entidade Pascual Veiga, (pasando de ser socio adherido a numerario) así como a  aprobar por maioría a Memoria de Actividades e Balance de contas de 2020 e o Plan de Acción e orzamento para 2021.