Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Poñemos en marcha o novo curso centrado na "Ética nas organizacións sociais", que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de xullo en modalidade presencial na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia (Vía Pasteur 53A. Polígono Industrial do Tambre. Santiago de Compostela).

Esta nova oferta formativa, 100% subvencionada polo Ministerio de Traballo e Economía Social, está dirixida a persoas traballadoras pertencentes a empresas do sector educación, tales como centros e servizos de atención á discapacidade, centros de educación universitaria e investigación, autoescolas, centros de reforma xuvenil e protección de menores, sector do ocio educativo e animación sociocultural...

Para realizar a vosa inscrición debedes remitir vía e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a documentación indicada na ficha técnica.

Prazo de inscrición aberto ata o 17 de xuño.