Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Os problemas e diferentes aspectos relacionados coa conduta son unha das cuestións que máis soen ocupar e preocupar aos familiares de persoas con discapacidade intelectual. 

Estes faladoiros nacen co obxectivo de crear un espazo para compartir dúbidas e preocupacións das familias respecto a condutas que lles preocupan, axudar a entender ditas condutas e coñecer algunhas estratexias de prevención; temas todos eles, dos que tamén podedes atopar máis información no libro editado por Plena inclusión "Condutas que nos preocupan en persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento". 

Tratarase de dous encontros online que desenvolveremos os días 17 e 24 de xuño, en ambos casos, de 15:00 a 17:00 horas.

Se estades interesados en participar, debedes cumprimentar esta FOLLA DE INSCRICIÓN e enviala debidamente cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..O prazo de inscrición pecharase o 10 de xuño. 

No seguinte enlace podes descargar o PROGRAMA DO FALADOIROS