Dende a Federación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual (FADEMGA Plena inclusión Galicia) vimos de realizar un estudo económico entre as 37 entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual prestadoras de servizos sociais e dependentes da Consellería de Política Social, onde se pon de manifesto o elevado sobrecusto que están a asumir para facer fronte aos gastos derivados da crise sanitaria.
Ditos gastos abranguen dende a contratación de persoal, ata a adaptación de instalacións, obtención de EPIS ou realización de test de diagnose entre outros, derivados das medidas e protocolos aprobados por Sanidade e Política Social que están obrigadas a cumprir. Os datos recollidos demostran o sobre esforzo asumido polas asociacións dende o último trimestre de 2020 ata o primerio trimestre de 2021, así como unha estimación daqueles gastos por asumir ata final de ano tanto en centros residenciais como centros de día e centros ocupacionais, unha contía que ascende a 1.635.378,16 euros.
Por todo elo, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia facemos un chamamento á responsabilidade da Consellería de Política Social para que habilite unha dotación orzamentaria extraordinaria que compense estos sobrecustos asumidos, ben por medio de concesións directas destinadas a prestar apoio financiero ás entidade ou por calquera outro medio que a Consellería contemple, tal e como se está a realizar noutras Comunidades Autónomas.
:: Resumo dos datos económicos
Ano 2020………………………………………………………… 325.241,43€
(este ano, os sobrecustos en persoal sí se puideron financiar)
Ano 2021………………………………………………………. 1.310.136,73€
TOTAL SOBRECUSTOS 2020+2021………………….. 1.635.378,16€
* Consulta aquí o anexo co desglose de sobrecustos en 2020 / 2021