Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Nos últimos meses estamos a escoitar falar sobre os "Obxectivos de Desenvolvemento Sostible" e as metas que conforman a Axenda 2030. 

Co fin de achegarnos a estes obxectivos globáis, postos en marcha para lograr beneficio de tódalas nacións e asegurar a prosperidade das persoas, poñemos en marcha unha nova acción formativa baixo o título "Axenda 2030: Integración dos obxectivos de desenvolvemento sostible na estratexia das ONG", que terá lugar os días 31 de Maio e 01 de Xuño de 2021 en horario de 10.00 a 13.30 horas. Trátase dun total de 7 horas formativas, que serán impartida por docentes pertencentes ao equipo de AENOR. 

A formación ten un un custe de 50 € por persoa e o prazo de inscrición rematará o venres 14 de Maio de 2021; data na que confirmaremos as prazas. 

:: Os obxectivos de desenvolvemento sostible

As 169 metas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son un elemento estratéxico que facilita a adaptación das organización ás demandas da sociedade actual. Integrar estos obxectivos nas nosas organizacións xera novas vantaxes competitivas, fomentando a innovación, incrementando a confianza e mellorando o diálogo entre os grupos de interese, ao tempo que buscamos atraer o talento e incrementar a mellora contínua. Ademáis, poden xerar novas oportunidades de financiación.

Neste enlace podes descargar a inscrición e ficha técnica do curso