Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende a Federación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual (FADEMGA Plena inclusión Galicia) vimos solicitando ao presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo que se priorice de forma urxente a vacinación de todas aquelas persoas con discapacidade intelectual usuarias de centros de día, centros ocupacionais e servizos especializados, pois trátase en moitas ocasións de persoas con patoloxías asociadas e mesmo con dificultades para o uso de máscaras.

A isto hai que engadir as estritas limitacións que ven sufrindo o noso colectivo, moi superiores ao do resto da poboación, pois dende o inicio da pandemia soportaron o peche dos centros, a limitación de terapias e servizos ou a obriga de relacionarse en grupos burbulla, (grupos que seguen a manterse na actualidade). Situacións que ademáis, continúan a xerar una serie de sobrecostes ás entidades.

Esta solicitude de vacinación vimos reclamándoa xa dende o pasado mes de xaneiro, despois de sucesivas cartas enviadas tanto ao presidente da Xunta como ao Conselleiro de Sanidade, quenes argumentaron que a estratexia de vacinación que se está seguir ven marcada polo plan nacional que están obrigados a cumprir. Así e todo, noutras comunidades como Murcia ou Canarias este colectivo sí se atopa vacinado, polo que entendemos que é viable facelo, máis se cabe cando os profesionais destes centros xa foron vacinados, unha situación que como mínimo xera confusión (un 75 % dos profesionais están vacinados frente a un 10% de usuarios/as de centros ocupacionais e centros de día)

Dende a Federación contactamos igualmente co Delegado do Goberno en Galicia, quen argumentou que se vacinarían simultáneamente aos grupos de idade de 70 a 79 anos e ás persoas con Síndrome de Down maiores de 40 anos, o que consideramos non da resposta ás nosas demandas, pois trátase dun pequeno sector dentro do total de persoas con discapacidade intelectual.

Posteriormente, tanto Federación como entidades federadas trasladamos esta solicitude á propia Ministra de Sanidade Carolina Darias, sen ter resposta a día de hoxe.

O presidente da Federación Eladio Fernández Pérez valora positivamente o traballo realizado vacinando aos profesionais e usuarios/as de residencias, acelerando así o proceso para inmunizar ao colectivo, por elo “extender a vacinación a todas as persoas de centros diurnos e servizos especializados sería dar un paso importante para conseguir unha inmunidade máis completa para un colectivo considerado de risco. As nosas fillas e fillos continúan asistindo aos centros de día e ocupacionais, onde están a coincidir persoas vacinadas con outras que aínda non tiveron esa oportunidade”