Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Continuamos a ampliar a nosa oferta de cursos online, nesta ocasión cunha nova formación sobre a importancia do "Apoio Activo" na que abordaremos as orixes e o marco do apoio activo, a interacción positiva, os 5 niveis de apoio ou as claves para os procesos de implementación.

A formación está dirixida a profesionais de atención directa e coordinadores de programas e servizos que desexen implementar o Apoio Activo nos seus centros, tendo unha duración de 32 horas a desenvolverse entre o 1 de maio e o 15 de xuño. 

Neste enlace podes acceder ao programa e a ficha de inscrición que debes enviar debidamente cumprimentada antes do vindeiro 23 de abril a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CONSULTA  AQUÍ A RELACIÓN DE ADMITIDOS

 

Esta acción formativa é gratuíta ó ser financiadas polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Programa IRPF - Formación y Gestión del Conocimiento para la Inclusión Social.